Este texto lo presente a un concurso literario, pero no gané nada aunque es uno de los que más he disfrutado escribiendo
Volvía do seu funeral. Pasei coa miña moto por diante portal de ferro da miña mansión transilvánica, que chegara de miragre ó século XXI.
Parei fronte á porta e quitei o casco. Ós poucos segundos a choiva empapara o meu longo cabelo e camuflara as bágoas que esvaraban polas miñas meixelas.
Aínda precisaba aclarar as miñas ideas, así que comecei a camiñar entre as árbores que rodeaban aquela mansión, sen unha sombra nin unha luz que confirmara que estaba habitada.
Isto é todo o que agora me queda – pensei; e seguín danzando coma unha alma en pena entre as árbores.
Estando no patio traseiro parei de súpeto. Xunto a min alzábase un gran anxo de mármore branco que na loucura, que é o amor, mandara esculpir coa súa cara. Deixeime caer no chan embarrado pola persistente choiva.
Tal vez hoxe é o día de crer nos anxos – dixen mentres vía como as miñas mans se afundian na lama
Erguinme sen atreverme a mirar ós pétreos ollos do serafín que ante min se atopaba. Seguín camiñando a través do amplo patio. Ao pouco a miña mirada pousouse nunha pá que se situaba xunto a unha billa. Agarreina fortemente e comecei a cavar unha focha. Fun abrindo o buraco, ata que, cando xa era bastante grande, soltei a pá, metinme naquel burato lentamente e cubrín o meu corpo cun pouco de terra.
Tumbado naquel nicho, na tranquilidade, o meu cerebro era bombardeado por miles de ideas á vez.
Que demo me arrastrara a este averno terrenal, no que o lume trocara en auga e o meu tormento en existencia. Por que os seus beizos me levaron pola senda oposta, dende o paraíso ata ó inferno, e coa compaña da soidade en lugar de ser acompañado por un poeta case esquecido. Por que permitía que as bágoas que nalgún momento chegaron a ser de ledicia, agora aleitaban a miña dor.
De súpeto un vagalume comezou a danzar en torno ao meu sepulcro, coma un lume fatuo que agardaba a miña morte para velarme no derradeiro camiño. Interpuxen unha man entre os meus ollos e aquel brillo e o lucecú pousouse entre os meus dedos. Entón cerrei a man esmagándoo.
Erguinme con rabia e dixen:
Criatura abismal de pedra! Monstro rocoso! Diaño vestido con peles seráficas! Ti que me levas á loucura! Tí que me causas esta dor! Falso profeta, acabarei contigo antes de que ti o fagas comigo! -
Non lonxe de alí atopei un descomunal martelo. Collino e, de novo frente o anxo, apoieino no lombo disposto a asestarlle un golpe.
Non – dixen xirando no ultimo momento e lanzando a maza polos aires – así non rematará esto...
Ollei á estatua e logo mirei cara o lugar no que o martelo caera, un pequeno silo, destrozándoo todo.
Si, así rematará este pesadelo – dixen mentres corría cara os restos de silo, pero parei en seco – É gasolina ese recendo?
Continuei cara o que quedaba do celeiro é apartando unhas táboas que antes comporían o teito atopei un gran bidón de combustible.
Perfecto – dixen sorrindo
Entrei na mansión. Comecei a visitar peza por peza aquela inmensa casa. Todas me producian un sentimento de nostalxia e noxo. Todo o que algunha vez fora demostrábano aqueles cuartos. Cada visita acompañábaa cun destrozo do mobiliario. Non o aturaba. Todo aquelo só me destruía, me roía por dentro e afundíame na maior das miserias.
Finalmente con maior sosego acabei na biblioteca. Alí arrínquei cada estantería e sembrei o chan cos libros, que tanto me axudaran sempre. Logo sentei nun ostentoso sillón aterciopelado, fronte á cheminea acendida, e cun pé no enorme bidón de combustible.
A dor...dor, soidade, pesar, pena, furia... baleiro... Exacto. Baleiro, todo se resumía neso. Todos aqueles sentimentos non existían, so era o baleiro -
No momento no que a miña outra metade morrera, eu tamén morrera, pero non o soubera aínda, ata agora.
Así que realmente o verdadeiro amor é para sempre. Entón non é o final, senón un novo comezo.
Movín lixeiramente o pé cara adiante, vertendo o inflamable contido do bidón contra a cheminea, e alí quedei.